Do 23 ao 28 de xullo ábrese o primeiro prazo para realizar a preinscrición no Mestrado en Enxeñería Biomédica.
Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, aportando ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responde ás necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario.
Con este novo mestrado complétase unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.
Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!
Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula está dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Biomédica