Graduación EEI 2025

Se non puideches realizar a preinscrición no prazo establecido, terás unha nova oportunidade ata este próximo mércores 14 de maio ás 23:59 horas. Non a deixes pasar! Inscríbete no seguinte formulario.

Dende a Escola, xa estamos organizando o Acto de Graduación do alumnado de todas as titulacións de grao e do Mestrado en Enxeñería Industrial, Mestrado en Enxeñería Biomédica e Mestrado en Fabricación Aditiva da EEI.

Un evento onde poder celebrar o resultado de tanto tempo de esforzo, sacrificio e dedicación.

Terá lugar o martes 10 de xuño de 2025 no Auditorio de Congresos Mar de Vigo.

Se queres participar nun día tan especial e cumpres os requisitos é necesario que fagas a inscrición no formulario de asistencia para realizar unha previsión de asistentes o máis exacta posible.

Estamos seguros de que pasaremos moi bos momentos, celebrando e compartindo coas familias e o público asistente as emocións ante o comezo dunha nova etapa chea de grandes oportunidades.

A escola ten previsto realizar a gravación dun vídeo onde vos sintades identificados e o pasedes ben, para o que necesitamos da vosa colaboración. No formulario poderedes indicar tamén se desexades participar e aportar ideas.

Importante! A distribución das localidades no auditorio destinadas aos familiares realizarase segundo a orde de inscrición do alumnado. Ademais, establecerase un número máximo de invitacións por estudante, determinado en función do número de inscricións e a capacidade do auditorio.

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.