O próximo 28 de febreiro, e ata o 2 de marzo, comezará unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.
Trátase dun evento para achegar o mundo laboral ao alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.
Haberá diversos obradoiros e conferencias, impartidos polas empresas que participarán nesta próxima edición do foro.
Non deixes pasar esta oportunidade de asistir ao XXIII Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.