Estadías de investigación no verán

A Fundación Barrié convoca a III edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estadías de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantes universitarios galegos da área de ciencias da vida.

O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 30 de xaneiro.

O obxectivo deste programa é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios galegos para que poidan adquirir experiencia profesional nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.

Os candidatos deben estar matriculados nunha universidade española nun programa de grao conducente a un título de Enxeñería Biomédica

As prácticas de laboratorio terán unha duración de 9 semanas, entre o 26 de xuño e o 25 de agosto de 2023.

Podes consultar toda a información en programa estadías de investigación.