Erasmus prácticas

Está publicada a convocatoria Erasmus-prácticas para realizar estadías no curso 2022/23 e 2023/24 en empresas, universidades, centros de investigación e outras institucións da Unión Europea e países asociados.

A duración mínima da estadía é de 2 meses.

Solicitudes:

  • 1º prazo: ata o 17 de febreiro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/04/2023 e o 30/10/2023.
  • 2º prazo: dende o 1 ao 30 de abril de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/06/2023 e o 31/07/2024.
  • 3º prazo: dende o 1 ao 30 de setembro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/11/2023 e o 30/11/2024.

O formulario de solicitude debe cubrirse en liña na plataforma MoveOn.