Erasmus prácticas

Vén de convocarse a convocatoria Erasmus-prácticas 21-22, que financia estadías de carácter práctico en institucións da Unión Europea (empresas, universidades, centros de investigación, etc.)

Establécense 2 períodos para a remisión de solicitudes:

  • Ata o 28 de maio de 2021 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/07/2021 e o 31/08/2022.
  • Desde o 1 de outubro de 2021 ata o 15 de novembro de 2021. As estadías poderán realizarse entre o 15/01/2022 e o 31/08/2022.

A financiación das estadías será por un máximo de 5 meses. A contía da bolsa depende do nivel de vida do país de destino segundo a táboa recollida nas bases da convocatoria.

Enlace á convocatoria e os documentos que se deben aportar:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/686

Enlace ao formulario de solicitude:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7850

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *