Erasmus prácticas

Xa está aberto o segundo prazo de presentación de solicitudes de Erasmus prácticas para realizar estadías no curso 2022/23 en empresas, universidades, centros de investigación e outras institucións da Unión Europea e países asociados.. 

Solicitudes: do 1 de setembro ao 30 de setembro de 2022
Período de estadías: do 1 de outubro de 2022 ao 12 de maio de 2023

A duración mínima da estadía é de 2 meses.

O formulario de solicitude debe cubrirse en liña na plataforma MoveOn.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *