Esta solicitude de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos que se obteñan serán orientativos e non proporcionan prioridade algunha no proceso de preinscripción e matrícula.
O título presenta un enfoque interdisciplinario e unha forte orientación práctica, abordando todas as fases do proceso de fabricación aditiva.
Forma aos estudantes no ámbito das tecnoloxías de fabricación aditiva e ofrécelles experiencia práctica no deseño, adaptación e construción de pezas ou produtos para sectores de grande importancia no desenvolvemento da nosa comunidade.
Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro! Fai a túa declaración de intención de matrícula ata o 20 de xuño no seguinte formulario :
https://forms.gle/MU8Nt4xRxJFGXXzFA
Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Fabricación Aditiva estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado en Fabricación Aditiva.




