20 Bolsas Fulbright de Ampliación de Estudos en EE. UU. para realizar Mestrado ou Doutoramento en calquera campo de estudo durante o curso 2023-2024
Presentación de solicitudes: Dende o 10 de xaneiro ata o 1 de abril de 2022 na seguinte ligazón da páxina web da Comisión Fulbright.
Dotación da bolsa: 1.300$ para viaxe de ida e volta. Estipendio mensual entre 1.400$ e 2.760$. Matrícula e taxas académicas ata 35.000$ ou 40.000$. Seguro de enfermidade e accidentes.
Patrocinadores: Gobernos de España e de EE.UU., Junta de Andalucía, University of Maryland, College of William and Mary, New York Film Academy, Asociación J. W. Fulbright, Cosentino, Fundación Ramón Areces, Grifols, Fundación Iberdrola e Mapfre.
Sesións informativas: nas que explicaremos a convocatoria e resolveremos dúbidas. Podes rexistrarte aquí
Mércores 16 febreiro ás 17:00 h.
Xoves 3 marzo ás 17:00 h.
Martes 22 marzo ás 17:00 h.
12 bolsas Fulbright / Ministerio de Universidades para realización de Mestrado en EE. UU. en calquera campo de estudo durante o curso 2022-2023.
Presentación de solicitudes: dende o 1 ao 21 de febreiro de 2022. Na sede electrónica do Ministerio de Universidades.
Dotación: 1.500 € para viaxe de ida e volta. Estipendio mensual de 2.220 €. Matrícula e taxas académicas ata 20.000 €. Seguro de enfermidade e accidentes.
Patrocinador: Ministerio de Universidades.
Debido ao calendario das institucións estadounidenses, os solicitantes deberán xestionar a súa propia admisión para obter praza para o ano académico 2022-2023.
Sesións informativas: nas que explicaremos a convocatoria e resolveremos dúbidas. Podes rexistrarte aquí.
Mércores 26 xaneiro ás 17:00 h.
Xoves 10 febreiro ás 17:00 h.