Convocatorias de bolsas Fulbright para estudos de posgrao en EE. UU.

20 Bolsas Fulbright de Ampliación de Estudos en EE. UU. para realizar Mestrado ou Doutoramento en calquera campo de estudo durante o curso 2023-2024

Presentación de solicitudes: Dende o 10 de xaneiro ata o 1 de abril de 2022 na seguinte ligazón da páxina web da Comisión Fulbright.

Dotación da bolsa:  1.300$ para viaxe de ida e volta. Estipendio mensual entre 1.400$ e 2.760$. Matrícula e taxas académicas ata 35.000$ ou 40.000$. Seguro de enfermidade e  accidentes.

Patrocinadores: Gobernos de España e de EE.UU., Junta de Andalucía, University of Maryland, College of William and Mary, New York Film Academy, Asociación J. W. Fulbright, Cosentino, Fundación Ramón Areces, Grifols, Fundación Iberdrola e Mapfre.

Sesións informativas: nas que explicaremos a convocatoria e resolveremos dúbidas. Podes rexistrarte aquí
Mércores 16 febreiro ás 17:00 h.
Xoves 3 marzo ás 17:00 h.
Martes 22 marzo ás 17:00 h.

12 bolsas Fulbright / Ministerio de Universidades para realización de Mestrado en EE. UU. en calquera campo de estudo durante o curso 2022-2023.

Presentación de solicitudes: dende o 1 ao 21 de febreiro de 2022. Na sede electrónica do Ministerio de Universidades.

Dotación: 1.500 € para viaxe de ida e volta. Estipendio mensual de 2.220 €. Matrícula e taxas académicas ata 20.000 €. Seguro de enfermidade e accidentes.

Patrocinador: Ministerio de Universidades.

Debido ao calendario das institucións estadounidenses, os solicitantes deberán xestionar a súa propia admisión para obter praza para o ano académico 2022-2023.

Sesións informativas: nas que explicaremos a convocatoria e resolveremos dúbidas. Podes rexistrarte aquí.
Mércores 26 xaneiro ás 17:00 h.
Xoves 10 febreiro ás 17:00 h.