A identidade corporativa pretende definir as liñas visuais que marquen a nova imaxe da Escola de Enxeñería Industrial establecendo unas recomendacións co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución.
A Universidade de Vigo, conta cunha Área de Imaxe que ten como propósito asesorar á comunidade universitaria para o correcto uso dos símbolos gráficos que representan á institución.
A imaxe corporativa consta por un lado do logotipo e por outro das tipografías, ao que hai que sumarlle unha serie de documentos básicos ou patróns.
Logotipo
O logotipo da Escola de Enxeñería Industrial consta da contracción EEI realizada coa tipografía “Campus” deseñada especificamente para esta universidade. O logotipo non se debe reescribir en ningunha outra tipografía e cada vez que se use, debe ser un dos arquivos orixinais.
Descargar Elementos Gráficos da Universidade de Vigo
Tipografías
As tipografías utilizadas pola Universidade de Vigo son a tipografía “Campus”, deseñada específicamente para a Universidade de Vigo e a tipografía corporativa principal “New Baskerville”.
Para descargar calquera das tipografías debes poñerte en contacto coa Área de Imaxe da Universidade de Vigo.
Documentos Básicos
Para facilitar a implantación da nova imaxe, proporcionámosvos unha serie de documentos básicos personalizados que facilmente podedes instalar no voso equipo informático: