Ceremonia de entrega de Selos Internacionais de Calidade ANECA

No acto celebrado este 8 de xullo na Casa de América (Madrid), 32 universidades certificadas recolleron o recoñecemento ao cumprimento de estándares de calidade co prestixio internacional dos Selos Internacionais de ANECA, que aproximan a universidade ao mundo profesional e apostan pola procura da excelencia e a adquisición de competencias esenciais para os seus egresados e egresadas.

A Escola de Enxeñería Industrial atopábase entre as 32 Universidades participantes no evento, recollendo as acreditacións dos seus seguintes títulos:

Graduado/a en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática

Graduado/a en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

Graduado/a en Enxeñería Mecánica

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *