A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española, con garantías de recoñecemento académico. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica de Madrid, Universidade Politécnica de Cataluña, Valladolid e Valencia entre outras. Para o curso 2013/2014, a Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias de curso completo nas seguintes universidades (ver documentos e enlaces: Listado centros SICUE – EEI). Así mesmo, os listados das materias …
Categoría: Internacional
Programa SICUE
A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un semestre ou un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica Valencia, Universidade Politécnica de Cataluña, Sevilla, Zaragoza ou Málaga, entre outras. A Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias nas seguintes universidades: Listado Centros SICUE Documentos e enlaces Máis información sobre o Programa SICUE
Programa Summer School
Data Hora Tema Ponente 31 maio 14:30 Micro Grid Cooperative Distributed Energy Management and Battery SoC/SoH/FoF Estimation Dr. Mo-Yuen Chow (NCSU) 18:15 Embedded Systems for Intelligent Spaces Dr. Juan José Rodríguez Andina (UVigo) 1 xuño 14:30 Power Electronics and Controls for Renewable Energy Systems Dr. Iqbal Husain (NCSU) 18:15 Building Flexible Mobile Robot Applications Dr. Joaquín López Fernández (UVigo) 2 xuño 14:30 Reliable and Secure Communications in Smart Grids Dr. Wenye Wang (NCSU) 18:15 Laser Processing of Group-IV Semiconductors for Microelectronics and Photonics Dr. Stefano Chiussi (UVigo) 3 xuño 14:30 Modeling of Microfluidic Devices for Energy Harvesting …
Programa Erasmus-Estudos
O programa Erasmus-Estudos permite que os alumnos da EEI poidan cursar unha parte dos seus estudos noutras universidades europeas coas que a Universidade de Vigo asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes. Os alumnos de último curso da súa titulación poden optar a esta bolsa para cursar un semestre da súa especialidade en mobilidade. Estes alumnos deben facer a solicitude o ano anterior a aquel en que se levará a cabo a mobilidade. Para os estudantes de Grao a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente no segundo cuadrimestre de 4º curso. Para os estudantes do Mestrado de Enxeñería Industrial que cursan unha …
Libre Mobilidade
A libre mobilidade é unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo. Para solicitar o estatus de estudante de libre mobilidade, o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos: Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento no momento da solicitude e durante a realización da estadía No caso de ser estudante de grao, ter polo menos 60 créditos ECTS superados …
Programa ISEP
O Programa ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten por obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes dos últimos anos e de posgrao. Grazas a este programa, en que participan só sete universidades españolas, o custo do desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EEUU queda reducido a preto dunha décima parte. A través do ISEP, o alumnado da Universidade de Vigo pode realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio), e elixir entre máis de 150 universidades estadounidenses e …
Docencia en inglés
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo ofrece un programa de docencia en inglés. Docencia en inglés para o curso 2022/2023 Docencia en inglés para o curso 2021/2022 Docencia en inglés para o curso 2020/2021 Docencia en inglés para o curso 2019/2020 Docencia en inglés para o curso 2018/2019 Docencia en inglés para o curso 2017/2018 Docencia en inglés para o curso 2016/2017 Docencia en inglés para o curso 2015/2016 Os créditos de teoría e, como mínimo, un grupo de prácticas das materias que forman parte deste programa impartiranse en inglés por profesores do centro que foron acreditados …
Convocatorias
Convocatorias abertas Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2023/24 – 2º cuadrimestre Convocatoria prazas de intercambio con países extracomunitarios – curso 2023/24. Prácticas internacionales en Taiwán 2023/24. Prácticas internacionais – Proxecto ICEX Vives. Convocatorias pechadas Mobilidade de estudos/investigación Resolución definitiva Erasmus-Estudos – curso 2023/24 Resolución provisional Erasmus-Estudos – curso 2023/24 Programa SICUE – curso 2023/24 Programa ISEP curso 2023/24 Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2023/24 – 1 cuadrimestre Estadías de investigación no verán (Fundación Barrié de la Maza) (alumnado Grao en Enxeñería Biomédica) Erasmus-Estudos – curso 2023/24 10ª convocatoria programa IACOBUS Prazas de intercambio no …
Contacto Subdirección de Relacións Exteriores
Dª. Cristina Trillo Yáñez Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo Enderezo electrónico: eei.exteriores@uvigo.es Sede Cidade: Despacho 125 – Subdirección entorno, Teléfono: +34 986 813 801 Sede Campus: Despacho Subdirección de Exteriores, Teléfono: +34 986 812 206 Horario de Atención Consulte este calendario antes de acudir aos despachos da Subdirección de Exteriores. Pinche no evento do calendario para ver os detalles do mesmo (horario de atención e sede). A información de acceso para atención a través do Campus Remoto é a seguinte: Sala: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/868728562 Contrasinal de alumnos: 93iwzX9U
Guía de Recoñecemento do PFC alumnos de mobilidade
Esta guía de recoñecemento do PFC vai dirixido ós alumnos de mobilidade da EEI – Sede Campus que cursaron a Enxeñería Industrial (Plan a Extinguir) En canto sexa coñecido o título do proxecto (non é necesario que estea rematado, podéndose facer incluso durante o período de estadía Erasmus), o alumno terá que solicitar que se aprobe o título do PFC na Comisión Permanente da EEI. Debe ter en conta que a comisión reúnese cada mes e medio, polo que é o trámite que máis tempo pode levar. Para facelo, é necesario encher o formulario de solicitude de tema, título e …