Traballo Fin de Mestrado en Empresa

O presente documento ten por obxectivo establecer o procedemento de definición e asignación do Traballo Fin de Mestrado en Empresa (TFMe), así como definir as condicións nas que este debe realizarse, dentro do ámbito normativo establecido no Regulamento de Traballo Fin de Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) aprobado en Xunta de Escola de 21 de xullo de 2015. 1. Proposta e definición O TFMe é unha actividade formativa que pretende que o alumno desenvolva un proxecto que foi proposto e definido por unha empresa e que responde a unha necesidade real desta. Este proxecto vai ser realizado nas …

Continuar lendo

Obxectivos e Políticas de Calidade

Política de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no eido universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas dos seus egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran. A política de calidade do centro recóllese de forma detallada no documento R1_DE-01 Programa de desenvolvemento estratéxico e os obxectivos de calidade especifícanse nos documentos Política e Obxectivos de calidade e Plan de iniciativas-EEI. R1_DE-01 Programa de desenvolvemento estratéxico Política e obxectivos de …

Continuar lendo

Sistema de Avaliación nos Graos

Tras as modificacións habidas no curso 2023/24, podes consultar toda a información respecto á avaliación nos graos nas seguintes ligazóns:   Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado. Guías docentes das titulacións da Escola de Enxeñería Industrial.

Continuar lendo

Acordos de Software

Microsoft 365 é un sistema de subscrición anual especialmente deseñado para os departamentos universitarios que imparten tecnoloxía e deseño, e que desexan utilizar os produtos Microsoft para as súas actividades docentes e aprendizaxe. Para beneficiarse deste programa hai que impartir docencia ou ser alumno da EEI. Consulta o catálogo de software dispoñible aquí. ANSYS é un software de simulación de alto nivel que aporta claridade e coñecementos para os problemas de deseño máis complexo a través dunha simulación de enxeñería rápida, exacta e fiable. A súa tecnoloxía permite aos usuarios predicir con seguridade o comportamento dos produtos no mundo real. …

Continuar lendo

Area de Apoio a Centro e Departamentos

SEDE CAMPUS Xefa da Área: Julia Mencía Castro, enderezo electrónico: eei.centro.departamentos@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 583 Xefas de Negociado: Mª Luz Pereira Moreira, enderezo electrónico: eei.centro.departamentos@uvigo.gal, Tel: +34 986 130 193 Beatriz Varela Fernando, enderezo electrónico: eei.centro.departamentos@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 583 SEDE CIDADE Xefa de Negociado: Luz Mª Fernández Massaguer, enderezo electrónico: eei.centro.departamentos@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 988 Xefa de Negociado de Asuntos Xerais María Cruz Hernández Núñez enderezo electrónico: eei.asuntosxerais@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 689

Continuar lendo

Visión 2020-2030 da Escola de Enxeñería Industrial

A EEI é un Centro que, estando aberto ao mundo, é líder e referente na Enxeñería Industrial de Galicia e o Noroeste Peninsular, en canto a empregabilidade do noso alumnado e relación coa industria, empresas e organismos relacionados, pola nosa oferta académica adaptada ás necesidades da contorna empresarial e pola investigación práctica e aplicada. Seremos unha comunidade universitaria integrada por estudantes, persoal de administración e servizos e profesorado implicados na calidade do servizo da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) e con alto sentido de pertenza. O lema aspiracional que guía o noso propósito resúmese en: “SER A MELLOR ESCOLA DE …

Continuar lendo

Tolerancia cero co plaxio

A Real Academia Española define como plaxio "copiar no substancial obras alleas, dándoas como propias". Cometemos plaxio cando usamos as ideas, o traballo, as palabras, as imaxes, os planos, a música, os deseños, os vídeos, os programas de computador, etc doutra persoa coma se fosen nosos. E facémolo sen recoñecer de xeito explícito que non son nosos e sen citar a fonte de onde obtivemos esta información. Cando realizamos un plaxio estamos violando a Lei de Propiedade Intelectual (regulada polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril modificado pola Lei 5/1998 de 6 de marzo) que establece no seu …

Continuar lendo

Area de Apoio á Investigación e Transferencia

SEDE CAMPUS Xefa da Área: Marta Seoane Viéitez, enderezo electrónico: eei.inv.trans@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 778 Xefas/es de Negociado: Germán Pérez Juste, enderezo electrónico: eei.inv.trans@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 778 Susana Fernández Daparte, enderezo electrónico: eei.inv.trans@uvigo.gal, Tel: +34 986 813 778

Continuar lendo

Historia da escola

No século II aparece o nome do enxeño para a máquina ou o artificio, e o que a manexaba era coñecido popularmente como enxeñeiro, sendo unha das misións do enxeñeiro a fabricación de medios e instrumentos que faciliten a tarefa do home. A primeira nación que organizou Escolas de Enxeñería no mundo foi Francia. Mentres Inglaterra, durante o século XVIII, consagraba os seus esforzos á invención técnica e á promoción comercial e empresarial, Francia país máis centralista, organizaba os seus enxeñeiros en corpos rixidamente estruturados. A partir destes corpos de enxeñeiros xurdían as primeiras escolas. En España a orixe do …

Continuar lendo

Funcións

Funcións segundo o Regulamento de Réxime Interno da EEI Director Secretario Subdirector de Organización Docente Subdirector de Infraestruturas Subdirector de Alumnado Subdirector de Planificación Subdirector de Calidade Subdirector de Relacións Exteriores Subdirector de Posgrao e Doutoramento Subdirector de Relacións coas Empresas  

Continuar lendo