Regulamento de Réxime Interno

Título Preliminar Artigo 1 A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, para o cumprimento das funcións que lle confiren a Lei orgánica de universidades e os Estatutos da Universidade de Vigo, rexerase polo presente Regulamento. Artigo 2 A xestión da Escola estará ordenada polos principios de toma de decisións por maioría e respecto ás minorías. Sen prexuízo do establecido polas normas vixentes e por este Regulamento, cada estamento da Escola poderase dotar das fórmulas organizativas que considere oportunas. Título I: da Xunta de Escola Capítulo 1: Disposicións Xerais Artigo 3 A Xunta de Escola é o órgano colexiado …

Continuar lendo

Laboratorios

Unha das características das titulacións do ámbito da enxeñería industrial é o seu carácter experimental. Isto fai que o papel das infraestruturas sexa de gran importancia no desenvolvemento das actividades, especialmente nas prácticas de laboratorio. Neste sentido, durante os últimos anos, a EEI realizou grandes investimentos nas dotacións dos seus laboratorios, tanto da área científica como tecnolóxica, dispondo dun equipamento moderno acorde coas esixencias actuais. Unha parte moi importante do valor engadido que reciben os estudantes da EEI é, sen dúbida, a toma de contacto que teñen con aqueles equipos e instrumentación cos que van traballar durante a súa vida …

Continuar lendo

Comisión Permanente

A Comisión Permanente réxese segundo o establecido no capítulo terceiro do Regulamento de Réxime Interno da EEI. A Comisión Permanente resolverá os asuntos que expresamente lle transfira a Xunta de Escola, á que dará conta das súas actuacións. Asemade, velará polo cumprimento das decisión da Xunta de Escola. Competencias da Comisión Permanente A Comisión Permanente ten competencias nos seguintes asuntos: Organización da actividade académica da Escola. Plan Docente Anual (PDA) e Plan de Organización Docente (POD). Horarios de clases teóricas e laboratorio. Calendario de probas de avaliación. Normativa do Traballo de Fin de Grado, do Proxecto de Fin de Carreira …

Continuar lendo

Imaxe

A identidade corporativa pretende definir as liñas visuais que marquen a nova imaxe da Escola de Enxeñería Industrial establecendo unas recomendacións co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución. A Universidade de Vigo, conta cunha Área de Imaxe que ten como propósito asesorar á comunidade universitaria para o correcto uso dos símbolos gráficos que representan á institución. A imaxe corporativa consta por un lado do logotipo e por outro das tipografías, ao que hai que sumarlle unha serie de documentos básicos ou patróns. Logotipo O logotipo da Escola de Enxeñería Industrial consta da contracción EEI realizada coa tipografía …

Continuar lendo

Normativa de Composición da Comisión de Garantía da Calidade

1. Obxecto O punto 2 do Regulamento de Réxime Interno da Escola de Enxeñería Industrial (aprobado pola Xunta de Escola do Centro o 20 de decembro de 2011), establece que a composición da Comisión de Garantía de Calidade será regulada mediante una normativa específica elaborada pola Comisión Permanente para a súa remisión e aprobación, á Xunta de Centro. O obxecto deste documento é establecer dita normativa sobre a composición da Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo, procurando que na súa composición estean representados todos os grupos de interese. 2. Composición da …

Continuar lendo

Aulas Informáticas

O uso cada vez maior de software informático avanzado como factor indispensable para o complemento das actividades docentes é, sen dúbida, un elemento diferenciador. Neste sentido, a EEI conta cos principais paquetes de software para o deseño e fabricación, cálculos en elementos finitos, cálculo e deseño de estruturas, simulación de procesos, entre outros, grazas a importantes acordos coas primeiras firmas en software. Na actualidade a EEI conta con máis de 550 equipos informáticos nas súas dúas sedes.     Información detallada sobre as aulas informáticas  Sede Campus Sede Cidade  

Continuar lendo

Comisión de Garantía da Calidade

A Comisión de Garantía da Calidade está regulada polo capítulo IV do Regulamento de Réxime Interno da EEI. Composición da Comisión de Garantía da Calidade A composición da Comisión de Garantía da Calidade da EEI está rexida pola normativa específica “Normativa Sobre Composición da Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñería Industrial” que establece que esta comisión estará composta por: O director da EEI, que a presidirá. O secretario da EEI, que o será tamén da propia Comisión de Garantía de Calidade. O coordinador de Calidade da Escola. O coordinador de cada un dos títulos de Grao da …

Continuar lendo

Listas de correo e difusión web RSS

Difusión web en formato RSS A web da EEI difunde o contido do apartado de novidades e eventos a través das seguintes fontes en formato RSS: RSS de novidades RSS de eventos Listas de correo electrónico A dirección da EEI dispón de varias listas de correo que emprega para o envío de información aos membros da escola. Están dispoñibles tres listas de correo nas que a solicitude de subscrición é publica e voluntaria: [eei.alumnos]: lista para tódolos alumnos da EEI (subscríbete aquí) [eei.pdi]: lista para os profesores da EEI (subscríbete aquí) [eei.pas]: lista para o persoal de administración e servizos …

Continuar lendo

Normativa de composición da Xunta de Titulación

1. Obxecto O artigo 4 punto 2 do Regulamento de Réxime Interno da Escola de Enxeñería Industrial (aprobado pola Xunta de Escola do Centro o 20 de decembro de 2011), establece que a composición da Xunta de Titulación será regulada mediante unha normativa específica elaborada pola Comisión Permanente para a súa remisión e aprobación, á Xunta de Centro. O obxecto deste documento é establecer dita normativa sobre a composición da Xunta de Titulación da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo e establecer unas normas básicas para o seu funcionamento. 2. Composición da Xunta de Titulación da EEI …

Continuar lendo

Aulas e Seminarios

A EEI conta cunha ampla capacidade para a impartición da docencia dispondo de aulas de gran capacidade para aqueles grupos de maior tamaño e para aquelas actividades (cursos, seminarios,…) dirixidos a grandes grupos. Ademáis, tamén conta cun importante número de seminarios para actividades máis específicas nas que é máis aconsellable a dinámica de grupos e unha maior interrelación entre o alumno e o profesor.      Información detallada sobre as aulas e seminarios Sede Campus Sede Cidade  

Continuar lendo