AVISO IMPORTANTE: Asignación de grupos de aula/laboratorio.

Informamos que se procedeu á actualización dos grupos de aula e de laboratorio para o desenvolvemento da docencia no curso 2020-2021. Xa podes consultar na túa Secretaría Virtual a asignación dos grupos nas túas materias.

Pode haber algunha situación puntual na que a asignación non estea aínda actualizada por cuestións de tipo técnico. Estes casos estanse xa a resolver para que a asignación estea dispoñible á maior brevidade posible e a poidas consultar na túa secretaría virtual.

Asemade, tamén houbo unha reorganización dalgúns espazos con obxecto de optimizar os mesmos e que a actividade poida desenvolverse do mellor xeito. A información a podes atopar no apartado de horarios, dentro da planificación académica:

/gl/alumnado/planificacion-academica/horarios/

Tamén estanse a completar os horarios coa asignación das aulas, que esperamos estean rematados á maior brevidade.

Solicitarvos, unha vez máis, a vosa comprensión polos axustes que estanse a facer, xa que se trata dun curso de enorme complexidade e que está a transcorrer dun xeito excepcional. Amosar o noso agradecemento pola vosa colaboración e, xuntos, seremos quen de superar esta situación. A Escola de Enxeñería Industrial ten unha longa traxectoria e un recoñecido prestixio grazas ó esforzo de moitas xeracións que tamén tiveron que superar con grande sacrificio moitas dificultades.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *