Salón de actos Hospital Álvaro Cunqueiro
O xoves 21 de setembro, a partir das 16:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro a presentación do robot que participará o venres 22 de setembro nunha xornada de cirurxía robótica de xeonllo.
Estarán enxeñeiros da empresa e poderase ver ao robot e coñecer detalles do mesmo.
Dende o Hospital Álvaro Cunqueiro convídase a participar nesta presentación ao alumnado do Grao en Enxeñería Biomédica dos últimos cursos (3º e 4º) e do Mestrado en Enxeñería Biomédica, así coma o profesorado interesado.
Para participar, é necesario rexistrarse no seguinte formulario.