O 20 de xuño celebrarase unha nova edición virtual desta xornada
A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. O sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade.
Durante a xornada, prevista para o vindeiro xoves 20 de xuño de 2024, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola. É unha grande ocasión para resolver calquera dúbida sobre as mesmas.
Na xornada tamén terán a posibilidade de coñecer as saídas profesionais e achegarse a un mundo cheo de tecnoloxía onde se prepararán os enxeñeiros do futuro.
Para participar nesta sesión de portas abertas virtual só tes que premer na seguinte ligazón que che indicamos a continuación e poñer o teu nome no apartado de alumnado: Campus remoto
Non deixes pasar esta ocasión, esperámoste!