O próximo venres 19 de novembro, ás 12:45 horas, terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a presentación do proxecto Tecnolóxicas. Esta xornada está dirixida a alumnas de 4º curso de grao e de último curso de mestrado.
O proxecto Tecnolóxicas é un programa innovador cunha clara vocación práctica na que se aliñan o ecosistema galego de Empresas-Institucións para combater a brecha de xénero tecnolóxica.
Coa participación neste proxecto poderase acceder a formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas industriais e tecnolóxicas.
Máis información en https://tecnoloxicas.com/.