O mércores 12 de novembro a partir das 17:00 horas terá lugar no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Cidade unha nova edición da Xornada das Profesións.
Esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia e a Escola de Enxeñería Industrial, está dirixida ao alumnado da nosa Escola recentemente titulado ou que se atope nos últimos cursos.
Hai 180 prazas dispoñibles que se adxudicarán por orde de inscrición a través do seguinte formulario:
Non perdas esta oportunidade e reserva a túa praza!
Poderás informarte sobre temas tan importantes para o teu futuro profesional coma as Pemes e grandes empresas, o emprendemento, administracións públicas, carreira docente e moitos máis.
Descubre o teu futuro profesional cun panel de expertos!
Ademais, podes facernos chegar a través do formulario as dúbidas e preguntas que che gustaría trasladar aos relatores.
Proximamente publicaremos o programa completo da xornada. Permanece atento ás novidades!




