O xoves 14 de decembro terá lugar ás 11:00 horas, na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, unha xornada sobre biomédica, “Situación actual e tendencias no campo biomédico”.
Esta xornada xirará en torno á situación actual e o importante papel que ten nas sociedades modernas a Enxeñería Biomédica. Tamén se falará das saídas profesionais neste eido tendo en conta as tendencias que se albiscan nos próximos anos.
Será impartida por D. José Manuel Blanco Rey, Account Executive Zona Norte na empresa Siemens Healthineers, quen contará a súa experiencia neste campo a través da súa dilatada carreira profesional no ámbito hospitalario e da Enxeñería Biomédica.
Ao finalizar a intervención haberá unha rolda de preguntas na que se poderán formular aquelas cuestións que sexan de interese por parte das persoas asistentes á xornada.
Prégase confirmar asistencia rexistrándose no seguinte formulario.