O mércores 22 de xaneiro a partir das 16:30 horas terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus o workshop “Empregabilidade coa metodoloxía LEGO” dirixido ao alumnado do Mestrado en Enxeñería Industrial.
Trátase dunha metodoloxía innovadora deseñada para fomentar e potenciar a comunicación, a resolución de problemas e a innovación e eficiencia nos negocios.
É unha experiencia de aprendizaxe a través dun proceso de “Estratexia en tempo real”, baseado en estudos científicos e en investigacións realizadas en diferentes ámbitos de management, estratexia de negocios, desenvolvemento organizacional, psicoloxía e aprendizaxe.
Emprégase para a exploración e xestión de problemas e desafíos en tempo real.
Pódese consultar máis información relativa a este evento no arquivo adxunto.
Para solicitar a participación no workshop débese realizar a inscrición no seguinte formulario: Inscrición evento.
Documentos e enlaces