Taller de Autores: cómo publicar traballos de investigación
O vindeiro 24 de febreiro terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus, un taller sobre cómo publicar traballos científico-técnicos organizado polo Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria e co-organizado pola Biblioteca da Universidade de Vigo en colaboración coa editorial Springer.
O taller está dirixido principalmente aos novos investigadores e autores interesados en publicar artigos e libros científicos. A inscrición é gratuíta previa reserva de praza no formulario de inscrición publicado ao pé desta nova. A data límite para facer a inscrición no taller remata o 18 de febreiro de 2016.
O taller será impartido por Nathalie Jacobs, editora Senior na Editorial Springer e responsable da área de publicacións de enxeñería. Aínda que a súa oficina atópase en Dordrecht (Holanda), mantén un continuo contacto cos investigadores e autores (presentes e futuros) de Springer tanto pola súa presenza en multitude de conferencias da rama como polas súas visitas a os centros de traballo. Nathalie viviu 7 anos en España e fala castelán con absoluta fluidez.
Programa:
- Introdución a Springer
- Artigos en revistas / uso de revistas
- Autores publicando con Springer
- ¿Por qué se quer publicar?
- ¿Cómo elixir a revista na que se quer publicar?
- Servizos para autores
- “Rights & Permissions” (Dereitos e Permisos)
- “Impact Factors” (Factores de impacto) e estatísticas de uso
- Estrutura dun artigo
- “Trucos” para conseguir a publicación dun artigo
- Fórmulas para publicar con Springer: Fórmula tradicional / Open Access / SpringerOpen
- A publicación dun libro
- Resumo
- Coloquio