Solicitude de modalidade de avaliación global 2024/25 – 2º cuadrimestre

Ábrese un prazo, dende o 3 de febreiro ata o 5 de marzo, para solicitar a modalidade de avaliación global (renuncia á avaliación continua) para as materias do segundo cuadrimestre do curso 2024/25.

A solicitude farase, no caso de alumnado de Grao, na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=24849) no seguinte formulario/enquisa: https://moovi.uvigo.gal/mod/choice/view.php?id=1012198.

O estudantado de mestrado tedes que contactar, dentro do mesmo prazo, con eei.secretario@uvigo.gal.

Existen dous períodos para solicitar ao Centro o paso á modalidade de avaliación global, renuncia polo tanto á avaliación continua:

  • Primeiro período ordinario de matrícula de continuación de estudos (xa realizado), o prazo foi dun mes dende a data na que se publicou a apertura do procedemento, abarcando o período de modificación de matrícula da Universidade.
  • Segundo período ordinario de modificación de matrícula da UVigo (actual), o prazo será de como mínimo un mes dende a data na que se publique a apertura do procedemento (especifícase no aviso a data límite), abarcando o período de modificación de matrícula da Universidade.

Aconséllase que o alumnado consulte, en caso de ter dúbidas, co profesorado de cada materia as características concretas de cada modalidade de avaliación (continua ou global) posto que a asignación de modalidade, unha vez solicitada, será vinculante. No caso de non facer ningunha solicitude, entenderase que a modalidade é a de avaliación continua.

Aqueles que empregastes o primeiro período de elección de modalidade para materias do segundo cuadrimestre, podedes volver solicitalo agora neste segundo período.

Para as solicitudes recibidas fóra dos prazos oficiais (un mes dende esta publicación ou datas indicadas no aviso), e unha vez publicadas as resolucións correspondentes, non se pode garantir o cambio de modalidade por parte do Centro e terá que ser solicitada ao profesorado/coordinación das materias concretas (podedes pór en copia a eei.secretario@uvigo.gal, pero a solicitude debe ir dirixida ao profesorado/coordinador das materias). Así mesmo, no caso de que nalgunha materia/grupo/grao o profesorado/coordinador estableza un prazo maior ao establecido polo Centro, a xestión das solicitudes de cambio de modalidade de avaliación será tamén xestionada pola coordinación das devanditas materias/grupos/graos, polo que debedes dirixirvos directamente ao profesorado/coordinación dos grupos.

A resolución publicarase na materia de Moovi de todo o alumnado de grao da EEI (https://moovi.uvigo.gal/course/view.php?id=24849), difundirase polas listas de distribución do Centro (/gl/escola/comunicacion/listas-de-correo-e-difusion-web-rss/) e na páxina web (https://eei.uvigo.es/gl/)

Para calquera aclaración, unha vez revisadas as instrucións recibidas e o procedemento, contactade con eei.secretario@uvigo.gal.

En calquera caso, elixas o modelo de avaliación que elixas, lembra que para superala con éxito é preciso Estudo, Esforzo e Interese (o de sempre na EEI).

Documentos e enlaces