Ábrese o prazo de solicitude de modalidade de avaliación global para as materias do segundo cuadrimestre do curso 2023-2024, que deberá facerse a través do seguinte formulario: formulario solicitude modalidade avaliación global.
O prazo é dun mes, dende o día seguinte á data de publicación deste nova na páxina web do Centro, prazo que será divulgado tamén polas listas de distribución do mesmo.
Aconséllase que o alumnado consulte, en caso de ter dúbidas, co profesorado de cada materia as características concretas de cada modalidade de avaliación (continua ou global) posto que a asignación de modalidade, unha vez solicitada, será vinculante. No caso de non facer ningunha solicitude, entenderase que a modalidade é a de avaliación continua.
Para aquelas solicitudes recibidas fóra de prazo non se concederá a modalidade de avaliación global de forma automática por parte do Centro senón que se analizarán, co profesorado coordinador das materias implicadas, de forma individualizada cada nova solicitude.
Documentos e enlaces