Ante a complexa situación e a incerteza na evolución dos acontecementos, co obxecto de anticiparnos a aquelas actuacións que nos obriguen ao cambio no desenvolvemento da docencia e o paso desta a modalidade en liña ou teledocencia, estamos a realizar unha enquisa/estudo para coñecer as dificultades que puideses ter para un seguimento da docencia en liña e deste xeito, cunha certa planificación, poder axudarche a solucionalas.
Polo teu ben , precisamos da túa inestimable colaboración cubrindo o formulario que se atopa na seguinte ligazón: https://forms.gle/DseRg4st7MGUpMEP9
Estamos seguros de que coa colaboración de toda a comunidade, de xeito responsable e solidario, seremos quen de superar as dificultades que vaian xurdindo.
Dende a Escola de Enxeñería Industrial queremos amosarche o noso compromiso para dar unha resposta que atenda ás esixencias e á importancia da formación para o desenvolvemento da nosa sociedade.
Dada a importancia de detectar o máis axiña posible estas situacións e así poñer en marchas as actuacións que sexan precisas, pregámosvos que difundades esta nova entre os vosos compañeiros/as.