O Grupo Compostela de Universidades acaba de publicar o programa de mobilidade “Stella Junior 2019” que agrupa a institucións de Europa, Iberoamérica e Estados Unidos.
Esta convocatoria permite que estudantes de universidades deste consorcio realicen estadías prácticas dun mínimo de 15 días nalgunha das outras universidades do grupo, e ofrecen tamén unha bolsa de 650 Euros para dar apoio económico a 6 destas estadías.
A data límite de remisión de solicitudes de estudantes para a primeira convocatoria é o 28 de febreiro de 2019.
Documentos e enlaces