Está publicada a convocatoria de bolsas «Alén do Miño» para a realización de prácticas externas no marco do EURES transfronteirizo Galicia-norte de Portugal.
O periodo de prácticas terá unha duración máxima de 2 meses e poderá realizarse entre o 15 de maio e o 15 de setembro de 2024 cun mínimo de 25 horas semanais.
Data límite de solicitudes: 2 de maio de 2024.