Está publicada a 2ª edición do programa de axudas «Alén do Miño» para a realización de prácticas (curriculares ou extracurriculares) nalgunha entidade con sede en Portugal.
O periodo de prácticas terá unha duración máxima de 2 meses e poderá realizarse entre o 1 de xuño e o 15 de setembro de 2023.
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para esta axuda ata o 10 de maio de 2023 ás 23:59 horas (hora peninsular española).