Presentámosvos unha nova edición do programa de acompañamento da nosa Escola.
Es novo na EEI? A voltas coa túa adaptación á vida universitaria? Dende a EEI queremos axudarche coa posta en marcha deste programa, AcompañamEEI 2024/2025, un programa deseñado para que a túa estadía na Escola sexa unha etapa chea de ilusión e aprendizaxe e que che axudará a ser mellor persoa e a potenciar o teu rendemento académico.
Que é AcompañamEEI?
Unha actividade de mentoring pensada para ti, para ofrecerche a orientación e o apoio que precisas para integrarte social e academicamente na EEI.
Obxectivos do programa:
- Axudarche na túa adaptación á Universidade e á EEI, a xestionar mellor o tempo favorecendo a túa integración e rendemento académico.
- Formar a estudantes de cursos avanzados como mentores, desenvolvendo as súas competencias e habilidades sociais, de liderado e xestión de tarefas.
Pronto recibirás un correo do teu mentor, non o deixes pasar! Aproveita esta oportunidade, participa! Non deixes de beneficiarte deste programa e dar o teu gran salto cara ao éxito.
Podes consultar toda a información detallada na seguinte ligazón: programa AcompañamEEI.