Queremos presentarvos o programa de Acompañamento da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo correspondente ao curso 2023-2024.
Os estudantes de 1º de novo ingreso acceden á Universidade comezando unha nova etapa da súa vida persoal e académica, e non é raro que, algúns/algunhas estudantes, véxanse tensos/preocupados ante este escenario, afectando negativamente ao seu rendemento académico, mesmo, podendo chegar a considerar o abandono dos seus estudos na Escola.
Co obxecto de evitar estas situacións e facer da Escola un lugar onde poder facilitar o proceso de aprendizaxe, a EEI adquire un serio compromiso de axudar, orientar e facilitar a integración dos nosos/as estudantes, fomentado unha rede de apoio entre compañeiros e compañeiras, baseada na transmisión das experiencias vividas e nos valores esenciais para unha adecuada convivencia. Este programa estará tutelado por estudantes de mestrado baixo a dirección da Escola, a través da subdirección de alumnado e de proxección institucional, contando tamén co apoio de profesores/as e egresados/as da Escola.
Así pois, esta iniciativa pretende ofrecer ao alumnado de novo ingreso das titulacións oficiais de grao da EEI (graos e dobres graos) a orientación e asesoramento necesarios para facilitar a súa integración académica e social na Escola e contribuír, desta forma, a mellorar o rendemento académico e a superar os estudos de maneira exitosa.
En definitiva, o obxectivo deste programa é poñer en contacto ao alumnado de novo ingreso nas titulacións de grao con estudantes con experiencia na Escola e pertencentes aos mestrados universitarios en Enxeñería Industrial e Enxeñería Biomédica.
Este Programa ten dous claros propósitos:
- Axudar aos novos estudantes na súa adaptación á Universidade e á EEI, favorecendo a súa integración e rendemento académico.
- Formar aos estudantes de cursos avanzados, que participan como mentores, en competencias e habilidades sociais, de liderado e xestión de tarefas e equipos.
Deste xeito, os mentores gozan da oportunidade de achegar a súa experiencia na orientación e apoio dos seus mentees, á vez que adquiren competencias transversais de liderado, xestión de equipos, resolución de conflitos, motivación, … que son altamente demandadas no ámbito profesional.
Para iso o Programa AcompañamEEI organiza varios obradoiros para os mentores durante o primeiro cuadrimestre. Ademais, recíbese apoio por profesores titores ou antigos estudantes mentores, en todo o proceso de orientación.
Beneficios do programa:
Para estudantes mentores
- Facilita ao estudante mentor o desenvolvemento de habilidades e proporciona estímulos para o fomento da reflexión, o diálogo, a autonomía, a crítica, etc.
- Promove o desenvolvemento de actitudes e valores de compromiso, responsabilidade, respecto e solidariedade.
- Ofrece unha formación complementaria e práctica que pode ser de gran axuda para o seu futuro e desempeño profesional.
Para estudiantes mentees
- Facilita a transición de Bacharelato á Universidade.
- Promove o desenvolvemento de actitudes e valores de compromiso, responsabilidade, respecto e solidariedade.
- Fomenta a participación na vida universitaria e no uso dos seus servizos.
EN QUE CONSISTE A ACCIÓN DE MENTORIZACIÓN?
Cada mentor responsabilízase dun grupo de estudantes de 1er curso, na medida do posible, afíns á súa titulación, aos que orientará, reuníndose con eles, polo menos unha vez ao mes en cada cuadrimestre (3 veces/cuadrimestre), para axudalos no seu inicio na vida universitaria.
O número de estudantes dependerá do alumnado que queira participar no programa.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Os estudantes de 1º de novo ingreso matriculados no curso 2023-2024. Este programa é de carácter totalmente voluntario.
INSCRICIÓN/REXISTRO
Ampliado o prazo ata o 29 de setembro de 2023 ás 14:00 horas mediante inscrición a través do seguinte formulario, no que se recollerá a información básica para a confección dos grupos de mentees participantes no programa de acompañamento.