Prácticas de verán na Universidade de Bielsko-Biala (Polonia)

Prácticas dirixidas a estudantes de áreas técnicas afíns ás titulacións da Escola.

O periodo de prácticas vai do 17 de xuño ao 18 de setembro de 2024.

Podes consultar o contido dos módulos na seguinte ligazón: información prácticas verán Polonia.

Os estudantes interesados terán que completar os pasos indicados a continuación:

  1. Solicitude na universidade de destino.
    A data límite de presentación de solicitudes é o 6 de maio de 2024. Debe presentarse en tempo e forma como se indica na ligazón de arriba.
  2. Solicitude de Erasmus-prácticas na Universidade de Vigo.
    Os alumnos interesados en participar nestas prácticas de verán terán que presentar tamén unha solicitude no programa Erasmus-prácticas 24-25 da Universidade de Vigo, cuxa convocatoria está prevista para este mes de abril. Para ter unha idea do proceso e do tipo de documentación que se che pedirá, podes consultar as bases da última convocatoria deste programa, xa que serán moi parecidas.