O venres 19 de abril terá lugar o obradoiro “Busca bibliográfica en investigación en saúde”.
Comezará ás 16:30 horas na Aula de informática do HAC (Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D).
O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación.
En concreto, os obxectivos específicos son:
- Familiarización con recursos bibliográficos: PubMed, Scopus, Web of Science etc.
- Desenvolvemento de habilidades de procura: coñecer técnicas efectivas de procura bibliográfica, incluíndo o uso de operadores booleanos,filtros avanzados e estratexias de procura específicas para obter mellores resultados.
- Introdución á xestión de referencias bibliográficas: introducir ferramentas e técnicas para a xestión eficaz de referencias bibliográficas, como o uso de software de xestión de referencias (EndNote, Mendeley, Zotero) e a importancia de manter unha biblioteca organizada.
- Uso ético da información: Discutir a importancia de citar adecuadamente as fontes e respectar os dereitos de autor na
investigación médica. - Aplicación práctica: aplicación práctica das habilidades adquiridas na procura bibliográfica.
Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology and Immune-Mediated Diseases).
As prazas son limitadas polo que a selección se realizará por orde de inscripción no seguinte formulario, dando preferencia ao alumnado de 2º curso do Grao en Enxeñería Biomédica.
O prazo de inscrición finalizará o luns 15 de abril ás 12:00 horas.
Confirmarase aos alumnos, uns días antes da realización do curso, se foron seleccionados.