MEI DAY: ENCONTRO TITULADOS/TITULADAS/ ESTUDANTES MESTRADO ENXEÑERÍA INDUSTRIAL

O MEI Day é unha xornada que ten por obxecto reunir os/as Egresados/as e alumnado que está matriculado no Mestrado en Enxeñaría Industrial e poder compartir e intercambiar as súas experiencias profesionais e de emprendemento. Trátase dunha xornada que quere poñer en valor o papel da Enxeñería Industrial e servir para coñecer aqueles proxectos nos que veñen traballando os/as nosos/as enxeñeiros/as.

A III edición, que se celebrará de forma virtual (formato webinar) debido ás restriccións sanitarias, leva por título “Retos e Oportunidades dos Sectores Clave do Noso Ecosistema Industrial na Era Dixital” e contará coa participación de:

  • Francisco Silva Castaño. Delegado en Galicia de Iberdrola.
  • Luis Manuel Lozano Lozano. Delegado de Compras Polo Ibérico Vigo-Madrid-Mangualde. PSA Groupe.
  • Santiago Martín García. Director de Astilleros Armón Vigo.
  • María Luisa Varela Iglesias, Smart Analytics Center Project Manager en E-voluciona, Estrategias de Transformación (Grupo Unísono).

Os interesados en asistir deberán inscribirse no seguinte formulario: Formulario rexistro MEI Day ata o sábado 5 de decembro.

Para asistir á xornada debes acceder á sala virtual a través desta ligazón https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/312934181  ou ben a través do seguinte código QR que podes escanear cun lector de códigos QR ou mesmo coa cámara do teu móbil. 

Para poder acceder debes identificarche e introducir en alumnado o contrasinal que se che facilitará ao facer o rexistro.

Achégase o programa do acto.

Documentos e enlaces

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *