O MEI Day é unha xornada que ten por obxecto reunir os/as Egresado/as e Alumnos/as que este curso están matriculados no Mestrado en Enxeñaría Industrial e poder compartir e intercambiar as súas experiencias profesionais e de emprendemento. Trátase dunha xornada que quere poñer en valor o papel da Enxeñería Industrial e servir para coñecer aqueles proxectos nos que veñen traballando os/as nosos/as enxeñeiros/as.
Na II Edición desenvolverase una conferencia baixo o título de “Estratexia e perfís profesionais para a innovación. A experiencia de Boeing Research & Technology-Europe” que será impartida por D. Eduardo Carrillo de Albornoz, Director de estratexia e desenvolvemento de negocio de Boeing Research & Technology-Europe.
Achégase o programa do acto.
Documentos e enlaces