En nome de todo o persoal da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, darvos a benvida ao novo curso académico 2022-2023, de maneira moi especial para o alumnado que se incorpora por primeira vez á vida universitaria.
Tamén queremos aproveitar para agradecervos a confianza depositada na nosa Escola e dicirvos que é o noso maior desexo que este período de formación na EEI permítavos alcanzar todas as vosas metas e desenvolvervos tanto no plano profesional como no persoal.
Na seguinte ligazón e na axenda podes atopar o programa coas xornadas de acollida. Aínda que non son actividades obrigatorias, son actividades encamiñadas a informar e orientar en todas aquelas cuestións relativas á organización académica: Programa actividades de acollida
Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez
As xornadas de acollida son presenciais. Debes realizar o rexistro no seguinte formulario, escollendo a sesión á que vas asistir: https://forms.gle/MU7VA8ZZYahHvS5r6
Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información, relativa á túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo da titulación que seleccionaches, solicitámosche cubras o seguinte formulario: https://forms.gle/8LpLYdMGBxihJRc66
Alumnado de Continuación de Estudos
Tendo en conta o período de matrícula establecido pola Universidade de Vigo para o alumnado de continuación de estudos, aconsellamos axilizar o máximo posible a matrícula para poder facer a asignación dos grupos o máis axiña posible. Non é posible facer o peche dos grupos ata que remate o prazo de matrícula establecido pola Universidade.
Para asistir ás xornadas de acollida debes realizar o rexistro no seguinte formulario: https://forms.gle/MU7VA8ZZYahHvS5r6
Aínda que se recomenda seguir as xornadas de xeito presencial, as sesións para o alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso) tamén serán retransmitidas nas salas xemelgas polo que podes seguilas de xeito non presencial. Debes acceder á ligazón da Sede na que se desenvolva a túa sesión. Para obter o contrasinal, escanea o código QR correspondente e introdúcea na parte de ‘Acceso estudantado’. Se non tes un lector de códigos QR, debes descargalo de calquera dos sitios onde se atopan Apps para a lectura dos mesmos. Hai moitas aplicacións gratuítas para a lectura destes códigos.
- Salón actos – Sede Campus: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/531935091
- Paraninfo – Sede Cidade: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/279568309