Sede Campus
Solicitude de tema, título e tribunal
O alumno deberá presentar na Área Académica a solicitude de tema, título e tribunal, debidamente cuberta e asinada polo Director do PFC, xunto cun resumo do proxecto (máximo 3 páxinas) para a súa aprobación na Comisión Permanente.
Para realizar esta solicitude, o alumno necesita ter superadas ou estar matriculado en todas as materias que lle restan para rematar a carreira.
Realizar a Matrícula
Unha vez realizado o PFC e aprobado o tema, título e tribunal, o alumno deberá proceder á matricula no PFC. Esta matrícula realizarase na Área Académica, como mínimo unha semana antes da data de lectura do proxecto. Á hora de realizar a matrícula é necesario entregar 2 tomos do PFC.
Cunha semana de antelación, o alumno deberá comunicar a data e hora de lectura no Negociado de Asuntos Xerais, así como presentar a Ficha de Lectura do PFC na Área Académica.
O presidente do Tribunal será un membro da dirección, segundo a seguinte táboa:
Especialidade | Presidente do Tribunal |
Enxeñería Eléctrica | Carlos Garrido Suárez |
Automática e Electrónica | Celso Fernández Silva |
Mecánica | Fernando Cerdeira Pérez |
Deseño e Fabricación | Fernando Cerdeira Pérez |
Instalacións e Construcións | Rafael Comesaña Piñeiro |
Organización | Juan E. Pardo Froján |
Solicitude do Título
Unha vez realizada a defensa do PFC e tramitada a cualifiación, o alumno poderá solicitar o título na Área Académica da EEI. Para solicitarlo, deberá presentar unha solicitude debidamente cuberta xunto con dúas copias do DNI.