Esta guía de recoñecemento do PFC vai dirixido ós alumnos de mobilidade da EEI – Sede Campus que cursaron a Enxeñería Industrial (Plan a Extinguir)
-
- En canto sexa coñecido o título do proxecto (non é necesario que estea rematado, podéndose facer incluso durante o período de estadía Erasmus), o alumno terá que solicitar que se aprobe o título do PFC na Comisión Permanente da EEI. Debe ter en conta que a comisión reúnese cada mes e medio, polo que é o trámite que máis tempo pode levar. Para facelo, é necesario encher o formulario de solicitude de tema, título e tribunal.
Solicitude de tema, título e tribunal
Este documento deberá presentarse na Área Académica (secretaría de alumnos) xunto cun resumo do PFC en galego ou castelán. É necesario marcar o recadro de alumno Erasmus.
A nota por defecto que aparecerá no expediente unha vez rematado o proceso de recoñecemento será dun 5.0. Se o alumno desexa optar a unha nota maior deberá realizar a defensa do PFC como os demais da titulación. Neste caso, no mesmo formulario de solicitude de aprobación do tema, título e tribunal, deberá fixar o tribunal, se está conforme co 5.0, a parte do tribunal deberá deixarse sen cubrir.
Recoméndase consultar o procedemento e a normativa de lectura de PFC.
- A Universidade de destino debe mandar á ORI da Universidade de Vigo ou á Subdirectora de Relacións Exteriores da EEI as notas (Transcript of Records). Calquera documento recibido na ORI, ben sexa o contrato de estudos (Learning Agreement) ou as notas (Transcript of Records) serán enviados á Subdirección de Exteriores.
- Unha vez aprobado o tema, título e tribunal e que chegaran á Subdirección de Exteriores as notas do PFC e o contrato de estudos debidamente asinado pola Universidade de destino, entregarase á Subdirectora de Relacións Exteriores unha copia en papel do PFC asinado polo director do PFC da Universidade de Vigo. As linguas nas que pode estar escrito o PFC son galego, castelán ou inglés. De optar pola lingua inglesa, é necesario engadir ó tomo un resumo do proxecto en castelán ou galego. O horario de atención da Subdirección de Exteriores está publicado na web e é necesario que o alumno acuda no horario da Sede Campus xa que unicamente están alí os documentos necesarios para realizar o recoñecemento.
- A Subdirectora de Relacións Exteriores, unha vez comprobado que todo está en orde, entregará o recoñecemento do PFC ó alumno. Este recoñecemento, xunto co exemplar do PFC serán entregados polo alumno na Área Académica da Sede Campus para proceder á matrícula do PFC.
- Unha vez realizado todo o procedemento, a Subdirectora de Relacións Exteriores asinará a acta emitida pola Área Académica e a nota pasará directamente ó expediente académico.