O Director desempeña a representación do Centro e exerce as funcións de dirección e xestión ordinaria deste. Preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os acordos destes.
O Director da Escola de Enxeñería Industrial (EEI), asistido polo seu equipo de goberno, ten as seguintes funcións:
- Exercer a representación da EEI
- Convocar e presidir a Xunta da EEI
- Executar os acordos da EEI
- Supervisar o funcionamento dos servizos da EEI
- Dirixir a xestión ordinaria da EEI
- Convocar e presidir a Comisión Permanente e a Xunta de Titulación
- Executar os acordos da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación
- Propoñer, oída a Xunta de Escola, a iniciación de expediente disciplinario a calquera dos membros da EEI. No caso dun profesor, a proposta dirixirase ao Departamento ou unidade administrativa correspondente
- Velar polo cumprimento dos horarios docentes e de titorías
- Todas aquelas que lle atribúan a lexislación vixente, os Estatutos da Universidade de Vigo e o Regulamento de Réxime Interno da EEI