Axenda

Información do evento:

  • Mér
    12
    Nov
    2025

    Xornada das profesións 2025

    17:00Paraninfo EEI - Sede Cidade

     

     

     

    O mércores 12 de novembro ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI - Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial.

     

    Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario:
     
    👉 INSCRICIÓN/REXISTRO.
     
    Esta xornada vai dirixida ao alumnado da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulado ou nos últimos cursos.

     

    Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (Pemes e grandes empresas, administración pública, docencia...) que tamén atenderán as dúbidas e consultas dos asistentes.
     
    Non perdas esta oportunidade e reserva a túa praza!
     
    O programa previsto é o seguinte:

     

    • 17:00 horas - Recepción asistentes e relatores.

     

    • 17:30 horas - Presentación.
      - José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
      - Paula Froiz Lareu. Delegada en Vigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
      - Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e Presidente de AITIGRIP.

     

    • 17:40 horas - Experiencia estadías no estranxeiro. Experiencia prácticas en empresa.
      Enrique Osorio. Enxeñeiro Industrial (TFM Erasmus - Intership)

     

    • 18:10 horas - A función comercial do enxeñeiro.
      David Ferreirós Rodríguez . Enxeñeiro de Ventas INFAIMON.

     

    • 18:25 horas - O enxeñeiro na PEME e como empresario.
      José Mª Alonso Rodríguez. Coordinador de I+D+I en SOLTEC INGENIEROS, S.L.

     

    • 18:40 horas - O Enxeñeiro na Administración Pública.
      Félix Fernández Abalde. Enxeñeiro Técnico Industrial da Xefatura da Sección Técnica de Infraestruturas e Mantemento da Xunta de Galicia .

     

    • 18:55 horas - O Exercicio Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
      Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.

     

    • 19:10 horas - O Enxeñeiro como docente.
      Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.

     

    • 19:25 horas - O Enxeñeiro na grande empresa.
      Marta J. Fernández Docampo. Senior Project Manager GESTAMP VIGO.

     

    • 19:40 horas.
      - O Colexio Profesional
      . Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.
      - Saídas profesionais no estranxeiro. Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.

     

    • 19:55 horas - Coloquio aberto.
      Asistentes e relatores.