Axenda

Información do evento:

  • Mér
    07
    Xuñ
    2023

    Xornada das profesións 2023

    17:00Paraninfo EEI - Sede Cidade

     

     

     

    O mércores 7 de xuño ás 17:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.

     

    Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recén titulados ou nos últimos cursos.

     

    O programa previsto é o seguinte:

     

    • 17:00 horas - Recepción asistentes e relatores.

     

    • 17:30 horas - Presentación
      - Juan E. Pardo Froján. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
      - Francisco Manuel Pérez Rivas. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e Presidente da AIIG .
      - Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e Presidente de AITIGRIP.

    • 17:40 horas - Continuación de estudos.
      Celso Fernández Silva. Subdirector de Planificación da E.E.I.

     

    • 17:50 horas - Prácticas en empresas.
      Luis Eguizábal Gándara. Subdirector de Relacións coas Empresas da E.E.I.

     

    • 18:00 horas - Estadías no estranxeiro.
      Cristina Trillo Yáñez. Subdirectora de Relacións Exteriores da E.E.I.

     

    • 18:10 horas - A función comercial do enxeñeiro.
      David Ferreirós Rodríguez. Enxeñeiro de Ventas INFAIMON.

     

    • 18:30 horas - O enxeñeiro na PEME e como empresario..
      Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.

     

    • 18:50 horas - O Enxeñeiro na Administración Pública.
      Manuel Caride González. Enxeñeiro Técnico Industrial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

     

    • 19:10 horas - O Exercizo Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
      Francisco Javier de la Puente Crespo. Director de CAPITEL Arquitectura Ingeniería e Innovación.

     

    • 19:30 horas - O Enxeñeiro como docente.
      Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.

     

    • 19:50 horas - O Enxeñeiro na gran empresa.
      Marta Judith Fernández Docampo. Senior Project Manager GESTAMP VIGO.

     

    • 20:10 horas - O Colexio Profesional.
      Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.

     

    • 20:20 horas - Saídas profesionais no estranxeiro.
      Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.

     

    • 20:30 horas - Coloquio aberto.
      Asistentes e relatores.