Calidade

Co obxectivo de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas na Escola de Enxeñería Industrial (EEI), garantindo un nivel de calidade que facilite a súa acreditación, considérase necesario desenvolver un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC).

O SGIC da Escola de Enxeñería Industrial foi deseñado acorde ao Programa FIDES-AUDIT, promovido por ANECA, AQU-Catalunya e ACSUG. Desta forma todos os títulos oficiais de grao e mestrado impartidos na Escola de Enxeñería Industrial axústanse ao establecido no Real Decreto 822/2021, de 28 de septiembre, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade,  desenvolvendo as directrices Europeas en materia de calidade impulsadas por ENQA (European Association for Quality Assurance in Higher Education).

Dentro da aposta estratéxica por unhas ensinanzas de calidade que dean unha resposta ás esixencias e necesidades da sociedade, a Escola de Enxeñería Industrial someteu o seu Sistema de Garantía da Calidade  ao proceso de certificación por parte da Axencia da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). A Comisión de Avaliación da ACSUG, unha vez examinado o Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da Escola de Enxeñería Industrial na súa visita realizada o 4 de xuño de 2019, con obxecto de avaliar o seu grao real de implantación, con data 21 de xaneiro de 2020 emite una valoración FAVORABLE ao mesmo.

Así mesmo, a Comisión de Calidade da Universidade de Vigo, na reunión ordinaria do día 22 de febreiro de 2022, acordou conceder o SELO DE CALIDADE DA UNIVERSIDADE DE VIGO á Escola de Enxeñería Industrial con motivo de dita certificación do sistema de xestión de calidade consonte ao programa Fides-Audit.

A EEI entende que estes procesos son moi importantes para o desenvolvemento das titulacións, non soamente para garantir a calidade das mesmas, senón porque son fundamentais para identificar aquelas accións de mellora que permitan seguir avanzando na búsqueda da excelencia que toda institución universitaria debe ter como obxectivo de primeiro nivel.

Documentos y enlaces