O venres 25 de outubro de 2024 deu comezo o proceso electoral para a elección dos membros da Xunta da Escola da EEI coa publicación dos censos provisionais
Unha vez finalizado o prazo de reclamacións aos mesmos, véñense de publicar os censos definitivos.
A partir do luns día 18 de novembro e ata o mércores 20 de novembro, ábrese o prazo para a presentación de candidaturas (sectores C, B e D)..
A presentación de candidaturas poderase realizar por email a eei.asuntosxerais@uvigo.gal con copia a eei.secretario@uvigo.gal, ou por calquera outro dos medios previstos na normativa (presencialmente na Área de Apoio a Centro e Departamentos e/ou no Negociado de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes da EEI de 9:00 a 14:00 horas; rexistro electrónico, etc.)
Pregámosvos que empreguedes o modelo de candidatura indicando claramente os datos do solicitante e o sector.
Toda a información está dispoñible en: https://eei.uvigo.es/gl/escola/servizos-administrativos/negociado-asuntos-xerais/eleccions-a-xunta-de-escola-2024/