Participa! – SETEMBRO 2026
Na EEI queremos que todo o alumnado dos diferentes cursos estea representado, teña voz nos foros da Escola e participe de xeito activo no desenvolvemento da vida universitaria dentro da Escola.
O papel dos/as delegados/as é moi importante para que a Escola poida dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan ir xurdindo ao longo do curso e seguir avanzando na procura de acadar unha Escola mellor.
Con ese propósito, dentro do PAT (Plan de Acción Titorial), a dirección da EEI e a Delegación do Alumnado de Industriais (DAI) poñen en marcha o proceso de eleccións de delegados/as de curso que terá lugar durante os próximos días 14, 15 e 16 de setembro.
Os horarios das votacións na Sede Cidade e Campus son os seguintes: horarios votacións.
Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a colaboración prestada polos/as delegados/as durante o curso 2025/26.
Non deixes pasar esta oportunidade de facerte escoitar e construír unha Escola mellor!




