Eleccións a delegado/a de clase – curso 2021/22

A Delegación de Alumnado da EEI, en colaboración coa dirección da Escola, realizou a semana pasada as eleccións a delegado/as e subdelegado/as de clase. Agradecemos a todos os membros da Delegación de Alumnado e estudantes que colaboraron neste proceso.

Os resultados provisorios son os seguintes: Eleccións delegados 2021-22

O período para efectuar algunha reclamación a estes resultados será do 5 ao 6 de outubro de 2021. As posibles reclamacións deberán enviarse aos seguintes enderezos: (Secretaría EEI) eei.secretario@uvigo.es e (Subdirección alumnado EEI) eei.alumnado@uvigo.es.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *