A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo está a iniciar un proceso de ‘Reflexión Estratéxica’ co obxecto de identificar os principais retos e tendencias que debe afrontar de cara ao futuro, así como acordar o mellor posicionamento estratéxico que nos permita ser unha Escola de referencia e prestixio a nivel nacional e internacional.
Para levar a cabo este proceso, constituíuse un grupo de traballo cunha participación diversa na que dar cabida a todos os sectores e áreas da Escola. Ademais, cóntase co apoio e colaboración dunha consultora externa, Elige Plus, que nos acompañará ao longo deste proceso, aportando a súa experiencia cunha metodoloxía e dinámica de traballo.
Pero un proceso destas características require escoitar activa e atentamente aos axentes principais relacionados coa Escola para poder solicitar toda a información relevante que nos permita mellorar e fortalecer á EEI, sempre co obxectivo de acadar o mellor posicionamento estratéxico.
Pola importancia deste proceso, sendo a EEI unha institución pública de educación superior, queremos solicitar a túa axuda e pedirche que cubras o seguinte formulario, que estará aberto ata o 28 de febreiro, co obxecto de ter unha visión ampla que trate de integrar a todas as persoas e facer da EEI un espazo que sexa un piar que actúe de panca na construción dunha sociedade máis desenvolvida e sostible.
EEI: Unha Escola que Escoita e Integra
Participa no proceso para o desenvolvemento estratéxico. Unha oportunidade para mellorar a nosa Escola
Faite escoitar para construír a EEI do futuro!