Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Industrial

O próximo 17 de xuño abrirase o prazo para realizar a declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Industiral. Estará aberto ata o mércores 26 de xuño.

Esta solicitude de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos que se obteñan serán orientativos e non proporcionan prioridade algunha no proceso de preinscrición e matrícula.

O alumnado que a presente terá a vantaxe de que toda a documentación que se achegue será estudada con antelación e serán informado en caso de que exista algunha deficiencia.

O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009. Esta é unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena. As empresas están a demandar cada vez máis este perfil pola súa ampla formación e a súa capacidade para a resolución de problemas.

Este programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa. Ademáis, o Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial está acreditado pola prestixiosa Axencia ABET de referencia nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía.

Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro. Fai a túa declaración de intención de matrícula do 17 ao 26 de xuño no seguinte formulario:

https://forms.gle/YDjRTcfGfkDnykcY9

Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Enxeñería Industrial estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Industrial