O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite estadías cuadrimestrais ou anuais noutras universidades españolas. A mobilidade pode facerse en 3º ou 4º curso do grao. Cada estudante debe buscar na oferta de prazas publicada coa convocatoria que destinos hai dispoñibles para o seu grao.
O prazo de solicitudes estará aberto do 13 ao 28 de febreiro de 2025.
Consulta toda a información na convocatoria e no espazo de coordinación de Moovi.
Créditos das imaxes:
Granada: Josep Martín (foto, web)
Cádiz: Elpfer, CC0, via Wikimedia Commons
Sevilla: Libre baixo licencia Creative Commons CC0
Bilbao: Sergio S.C from Zaragoza, España, CC BY-SA 2.0, via Wikimedia Commons
Barcelona: Vicente Zambrano González (foto, repositorio do concello de Barcelona)