Acaba de publicarse a convocatoria de prazas de intercambio con países extracomunitarios.
A data límite para presentación de solicitudes ampliouse ata o 15 de decembro de 2023 ás 14:00 horas.
Características do intercambio:
- Para cada destino solicitado, o estudante debe presentar unha proposta de estudos que debe estar asinada polo coordinador académico do centro. Por tanto, os alumnos interesados deben poñerse en contacto coa subdirección de RR. II. da EEI antes da data límite de presentación de solicitudes para:
- remitir á subdirección unha proposta de estudos ou
- consultar posibles precedentes nas distintas universidades que sexan elexibles por ter estudos adaptados aos da EEI
- As condicións para participar e o proceso de selección son os indicados nas bases. A preparación da proposta de estudos debe cumprir tamén a normativa xeral do centro.
- No acordo académico deberá figurar un número mínimo de 18 créditos recoñecibles automaticamente.
Na web da Escola están dispoñibles os datos de contacto e o calendario semanal de atención persoal (tanto presencial como a través do Campus Remoto) da subdirección de RR. II.