-
Xov21Nov202415:30
Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
O xoves 21 de novembro de 2024, de 15:30 a 17:00 horas, terá lugar este seminario que ten como obxectivo introducir ao alumnado no eido da enxeñería forense, así coma en dar a coñecer as posibilidades e ofertas laborais desta disciplina en KPMG Asesores.
Con este obradoiro terás a posibilidade de descubrir a enxeñería forense e coma os coñecementos técnicos e o control de proxectos son chave para resolver proxectos en construción e infraestruturas a nivel internacional.
O seminario será impartido por D. Carlos Seoane Dopazo (Adv. Director Forensic, KPMG Asesores, S.L.).
Aqueles estudantes que estean interesados en asistir deberán apuntarse neste formulario de inscrición .
O número de prazas é limitado polo que a selección realizarase por orde de inscrición.
A data límite para realizar a inscrición será o martes 19 de novembro de 2024, ás 12:00 horas. -
Mér20Nov202415:45
Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
O mércores 20 de novembro de 2024 terá lugar a xornada de presentación dos proxectos STEMbach do bienio 2024-2026.
STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao amparo da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia.
Ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias chave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemática), sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.
STEMbach está pensado tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes e pretende promover as vocacións do alumnado nestes eidos mediante a investigación científica e tecnolóxica que permita unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.
A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade asume a coordinación do STEMbach na Universidade de Vigo.
A Escola de Enxeñería Industrial oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco deste programa. Podes consultar máis información sobre estes proxectos na seguinte ligazón, https://www.uvigo.gal/enxenaria-industrial-sociedade.
A coordinadora STEMbach da nosa Escola é Xanel Vecino Bello, subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais - eei.alumnado@uvigo.gal.
O programa previsto para esta xornada é o seguinte:- 15:45 horas - recepción aos asistentes.
- 16:00 a 16:10 horas - presentación: Benvida do director da EEI.
- 16:10-16:30 horas - programa STEMbach e oferta formativa da EEI.
- 16:30-16:45 horas - explorando a EEI.
- 16:45-17:45 horas - reunión dos proxectos STEMbach - bienio 2024/2026.
-
Xov07Nov202411:30
Terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
A Asociación Española de Robótica e Automatización (AER Automation) organiza este evento que será un espazo clave para o diálogo e a innovación no sector da robótica e a automatización, así como unha toma de contacto imprescindible co mundo académico.
O encontro contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e do Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández.
Como convidada especial, asistirá a Dra. Susanne Bieller, secretaria xeral da Federación Internacional de Robótica (IFR). A benvida oficial correrá a cargo do presidente de AER Automation, Carlos Méndez.
O acto da mañá, a mesa redonda, está aberto a todos os públicos e para asistir cómpre rexistrarse no seguinte formulario, formulario inscrición mesa redonda, mentres que os actos da tarde están reservados aos membros da asociación e representantes da Universidade na mesma.
Programa da AER 6th Summit
A xornada comezará ás 11:30 horas coa recepción aos asistentes.
Ás 12:00 horas terá lugar a mesa redonda “Mellorando a competitividade da industria galega a través da innovación de impacto”, que contará coa presenza de destacadas líderes do sector, como:- Dª Patricia Moreira, Presidenta de CEAGA.
- Dª Consuelo Domínguez, Plant Director de GKN Driveline Vigo.
- Dª Josefina Alonso, Directora de Operacións de DIHGIGAL.
- Dª Ana Paul, Directora de Innovación Tecnolóxica de CTAG.
A mesa estará moderada por Mar Masulli, cofundadora e CEO de BitMetrics, membro da Xunta Directiva de AER Automation e TOP10 WOMEN by IFR. Doutra banda, o proxecto Moongirl, unha iniciativa lanzada por AER Automation en 2023 para visibilizar o papel da muller na industria, tamén terá un papel destacado neste debate.
A partir das 15:00 horas, os Pitch Clubs ofrecerán unha oportunidade única para os alumnos da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo de presentar os seus proxectos innovadores. Entre os equipos participantes inclúense CES UVigo, UVigo SpaceLab, UVigo Motorsport e UVigo Aerotech.
O evento continuará coa apertura institucional do Summit ás 16:00 horas, onde Alfonso Muñoz, Responsable de Desenvolvemento de Negocio e Xestión de Proxectos da asociación, actuará como mestre de cerimonias e coordinará a intervención dos Grupos de Traballo e Comisións de AER Automation, que se producirá ás 16:30 horas.
De 17:00 a 18:30 horas terá lugar o debate titulado “Tecnoloxía e Humanismo: o desafío da nova era”. Este debate reunirá a Javier G. Recuenco, enxeñeiro e fundador de Singular Solving, e a Jordi Vallverdú, músico e doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), nunha conversación moderada polo xornalista Aureli Vázquez.
O evento finalizará cunha sesión de Networking de 18:30 a 19:00 horas e unha cea de gala no hotel Pazo Os escudos a partir das 21:00 horas. -
Mér16Out202417:30Paraninfo EEI - Sede Cidade
O mércores 16 de outubro ás 17:30 horas, no Paraninfo da EEI - Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial.
Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario.
Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos.
Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (administración pública, empresa, docencia...) que tamén atenderán as dúbidas e consultas dos asistentes.
O programa previsto é o seguinte:- 17:00 horas - Recepción asistentes e relatores.
- 17:30 horas - Presentación.
- José Fariña Rodríguez. Director da Escola de Enxeñería Industrial.
- Paula Froiz Lareu. Delegada en Vigo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG).
- Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (COITIVIGO) e Presidente de AITIGRIP.
- 17:40 horas - Experiencia estadías no estranxeiro. Experiencia prácticas en empresa.
Pablo García Gil. Erasmus Estudos. Erasmus internship. Bolseiro predoutoral.
- 17:55 horas - A función comercial do enxeñeiro.
Víctor Manuel Blanco Picos. Product Manager NEURTEK INSTRUMENTS.
- 18:10 horas - O enxeñeiro na PEME e como empresario.
Daniel Prieto Renda. CEO en SOLTEC INGENIEROS, S.L.
- 18:25 horas - O Enxeñeiro na Administración Pública.
Félix Fernández Abalde. Enxeñeiro Técnico Industrial da Xefatura da Sección Técnica de Infraestruturas e Mantemento da Xunta de Galicia.
- 18:40 horas - O Exercizo Libre da Profesión e o Seguro de Responsabilidade Civil.
Alejandro Balsa Campos. Responsable Técnico en INDICA INGENIERÍA.
- 18:55 horas - O Enxeñeiro como docente.
Xoan Carlos Muñiz Abuín. Profesor de Ensinanza Secundaria, Dirección Instituto.
- 19:10 horas - O Enxeñeiro na grande empresa.
María Quirós Gómez. RG Cliente da torre de control de STELLANTIS.
- 19:25 horas - O Colexio Profesional.
Pablo Pérez Vázquez. Director de Xestión do ICOIIG.
- 19:25 horas - Saídas profesionais no estranxeiro.
Jorge Cerqueiro Pequeño. Decano de COITIVIGO.
- 19:40 horas - Coloquio aberto.
Asistentes e relatores.
-
Mér09Out202410:00
Tes unha cita con Edugal do 09 ao 11 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra.
A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación.
Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.
Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional.
Podes consultar máis información no arquivo Dossier Edugal 2024 e na ligazón https://www.edugal.es/index.html.